Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 1997 Páx. 9.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 23 de xuño de 1997, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización: praza e travesías na rúa Canónigo Cándido Varela, dotadas estas cos servicios urbanísticos e acomenténdoos á rúa Canónigo Cándido Varela e a Avenida do Balneario, no núcleo urbano de Arteixo, promovido por Arteprom, S.L., e redactado polo arquitecto Luis Hermida González, queda sometido a información pública por prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Arteixo, 7 de agosto de 1997.

Carlos José Mosquera Calvete

Alcalde accidental

6665