A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 23 de xuño de 1997, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización para a prolongación da rúa República do Uruguai coas rúas Ángel del Castillo López (perpendicular) e Alfonso Rodríguez Castelao, do núcleo urbano de Arteixo, promovido por Arteprom, S.L., e redactado polo arquitecto Luis Hermida González, queda sometido a información pública por prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.
Arteixo, 7 de agosto de 1997.
Carlos José Mosquera Calvete
Alcalde accidental
6659