Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 1997 Páx. 9.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 13 de xuño de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana na zona 2 do S.U.-27, por instancia do Concello de Ourense.

O dito expediente atópase no departamento de Xestión e Promoción Urbana, Planeamento, sito no terceiro andar da Casa do Concello na Praza Maior nº 1, para en conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, sometelo a exposición pública polo plazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Ourense, 30 de xullo de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

6625