Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 1997 Páx. 9.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 6 de agosto de 1997, do Servicio de Inspección Tributaria de Pontevedra, polo que se notifica proposta de liquidación contida en acta A02 polo imposto de sucesións e doazóns, período 1992.

Segundo o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común procédese a notificarlle a Juan Manuel Ambroa Leiro, con NIF 35.445.441-A, con último domicilio coñecido en Mirador, 16, Abalo-Catoira.

Imposto: sucesións e doazóns.

Período: 1992.

Concepto: doazón dun predio sito en Pazos de Borela-Cotobade. Acta nº 1203.1, modelo A02, incoada con data do 22 de abril de 1997, segundo o seguinte detalle:

Base impoñible 4.207.988.

Cota s/tarifa 368.372.

Sanción 70 por 100 257.860.

Xuros de demora (1) 193.245.

Total débeda tributaria 819.477.

(1) 981 días ó 12% 118.808.

528 días ó 11% 58.617.

165 días ó 9,5% 15.820.

A Inspección advírtelle ó interesado o seu dereito a presentar perante o xefe do Servicio de Inspección Tributaria, a través da Secretaría Administrativa de Inspección, as alegacións que considere oportunas, logo da posta de manifesto do expediente se así o desexa, dentro do prazo dos quince días seguintes ó setimo posterior ó da data da publicación deste anuncio, servindo a devandita acta para a iniciación do expediente a que se refire o apartado primeiro do artigo 146 da Lei xeral tributaria.

Pontevedra, 6 de agosto de 1997.

Ana Mª Cobián Salgado

Xefa do Servicio de Inspección Tributaria

6590