Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 1997 Páx. 9.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 6 de agosto de 1997, do Servicio de Inspección Tributaria de Pontevedra, polo que se notifica proposta de liquidación contida en acta A02 polo imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, período 1992.

Segundo o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común procédese a notificarlle a Francisco Javier Rionegro López, con NIF 35.411.438-V, con último domicilio coñecido en Avda. Doctor Tourón, 49-4º Esqda., Vilagarcía de Arousa.

Imposto: transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Período: 1992.

Concepto: compra-venda de piso destinado a vivenda. Acta nº 1211.0, modelo A02, incoada con data do 26 de maio de 1997, segundo o seguinte detalle:

Base impoñible 13.500.000.

Cota 6% 810.000.

Sanción 70 por 100 567.000.

Xuros de demora (1) 459.458.

Total débeda tributaria 1.836.458.

(1) 1.083 días ó 12% 288.404.

528 días ó 11% 128.890.

200 días ó 9,5% 42.164.

A Inspección advírtelle ó interesado o seu dereito a presentar perante o xefe do Servicio de Inspección Tributaria, a través da Secretaría Administrativa de Inspección, as alegacións que considere oportunas, logo da posta de manifesto do expediente se así o desexa, dentro do prazo dos quince días seguintes ó setimo posterior ó da data da publicación deste anuncio, servindo a devandita acta para a iniciación do expediente a que se refire o apartado primeiro do artigo 146 da Lei xeral tributaria.

Pontevedra, 6 de agosto de 1997.

Ana Mª Cobián Salgado

Xefa do Servicio de Inspección Tributaria

6591