Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 1997 Páx. 9.123

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (230/1996).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos que se fai mención e dictou a sentencia co seguinte encabezamento e parte dispositiva:

«En Santiago de Compostela o vintetrés de decembro de mil novecentos noventa e seis. En nome de El Rei. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade pronunciou a seguinte sentencia. No xuízo de faltas número 230/1996 dimanante do procedemento seguido por ameazas no que foron parte ademais do Ministerio Fiscal, Rosa María Calaca Moreira, denunciante con domicilio na ruela das Chufas, 2-2º , Santiago de Compostela, Manuel Fernández Vázquez, denunciado con domicilio na ruela das Chufas, 2-2º, Santiago de Compostela. Decido que debo absolver e absolvo do feito orixe destas actuacións ó denunciado Manuel Fernández Vázquez declarando de oficio as custas desta instancia.

Así por esta miña sentencia, que será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela podera interpor recurso de apelación ante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría ó dispor das partes».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Rosa María Calaca Moreira e Manuel Fernández Vázquez.

Expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela, dez de xullo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario xudicial

Rubricado

6589