Aprobada polo Pleno deste Concello a bandeira municipal, de acordo coa proposta realizada pola
Comisión de Heráldica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, sométese o expediente a información pública, polo prazo dun mes, para efectos de exame e reclamacións, a teor do disposto no artigo 3 do Decreto 258/1992, do 10 de setembro, da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
Lobeira, 12 de agosto de 1997.
Emilio Higuero Cardoso
Alcalde-presidente
6960