Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 1997 Páx. 9.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Cometido erro no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas para a contratación dos traballos precisos para a realización da cartografía informatizada do termo municipal de Oleiros e, consecuentemente, nos anuncios publicados no BOP nº 184, do 12-8-1997 e no DOG nº 162, do 25-8-1997, en canto á clasificación esixida para concorrer á licitación convocada, esa Admón. municipal eméndao mediante o presente anuncio, de xeito que:

Onde dicía: «7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría C»,

Debe dicir: «7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría A».

Ó mesmo tempo, anúnciase que o prazo de 26 días naturais para a presentación de proposicións se computará a partir do día seguinte ó do derradeiro anuncio de publicación, ben sexa neste diario ou no BOP.

Oleiros, vintesete de agosto de mil novecentos noventa e sete.

Esther Pita Pita

Alcaldesa