Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 1997 Páx. 9.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 31 de xullo de 1997, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da unidade de actuación (UA-4) das vixentes normas subsidiarias de planeamento deste termo municipal, promovido por Promociones Inmobiliarias Naya Liñares, Ramón, S.L. e redactado polo arquitecto Luis Hermida González, para consolida-lo bordo residencial do cuarteirón edificado, resolvendo o seu enclave interior coa conexión da prolongación da rúa Ramón da Sagra coa rúa Mestre Mateo e a rúa Alfredo Brañas en Arteixo, que queda sometido a información pública polo prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, 10-1º, Arteixo, e presentando as alegacións que consideren convenientes.

Arteixo, 8 de agosto de 1997.

Carlos José Mosquera Calvete

Alcalde accidental

8597