Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 1997 Páx. 9.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ILLA DE AROUSA

ANUNCIO.

A comisión xestora do concello aprobou inicialmente o proxecto de modificación das normas subsidiarias de planeamento, co obxecto de corrixir aliñacións nas rúas Ribeira do Chazo e travesía do Campo, e cambia-la ordenanza aplicable ás parcelas 6, 7, 12 e 13 da couzada 06259 (numeración catastral).

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que calquera interesado poida examina-lo expediente na secretaría municipal e formula-las alegacións ou reclamacións que considere pertinentes.

A Illa de Arousa, 13 de agosto de 1997.

O presidente da comisión xestora

Rubricado

6598