Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 1997 Páx. 9.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1997, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público, da adquisición dun microscopio oftálmico para o servicio de oftalmoloxía do centro.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado i) do artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG número 111, do 6 de xuño), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público, da adquisición dun microscopio aftálmico para o servicio de oftalmoloxía do centro.

Obxecto e orzamento: a adquisición dun microscopio oftálmico por un orzamento máximo de 5.500.000 ptas., IVE incluído.

Prazo de entrega: o material obxecto do presente concurso público deberá ser entragado no prazo dun mes contado desde a data de comunicación da adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais

documentación complementaria poderá ser solicitada no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde de Fenosa, 50 do Barco de Valdeorras (código postal 32300). Teléfono: (988) 33 90 05.

Fianzas. deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de cento dez mil pesetas (110.000 ptas.), e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As ditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (en adiante, LCAP).

Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios, polo menos un, dos sinalados no artigo 16 da LCAP.

Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios, polo menos un, dos sinalados no artigo 18 da LCAP.

Clasificación: non se precisa.

Criterios de adxudicación:

-Características técnicas: ata 40 puntos.

-Prezo: ata 20 puntos.

-Prazo de garantía: ata 20 puntos.

-Servicio técnico: ata 20 puntos.

Admisión de variantes: admítense variantes sempre que se respecten os requisitos técnicos mínimos que se fan figurar no prego.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte o da publicación deste anuncio no DOG. Tamén se poderán presentar por correo, dirixidas ó órgano de contratación, debendo xustifica-lo licitador a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex e telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público no salón de actos do Hospital Comarcal Valdeorras ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

O Barco de Valdeorras, 1 de xullo de 1997.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras

6599