Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 1997 Páx. 9.081

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial e modificación da xornada laboral para o ano 1997 do convenio colectivo provincial da construcción.

Visto o expediente de revisión salarial e modificación da xornada laboral para o ano 1997 do convenio colectivo provincial da construcción que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-7-1997, subscrito en representación da parte económica por Apecco e da parte social por UGT, CC.OO. e CIG o día 9-7-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1990, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios coelctivos de traballo, existente nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de xullo de 1997.

María Nieves Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta nº 2. Convenio construcción provincia da Coruña

Asistentes:

* Por APECCO:-Antón Arias Díaz-Eimil

-Benigno López Bueno-Silviano Pizarro Gómez-Antonio Fernández Chao (asesor)-Miguel García Eiroa (secretario)

* Por UGT:-Jesús Calvo Romero

* Por CC.OO.:-Santiago Huertas Pozurama

* Por CIG:-Ezequiel Cancela Martínez

Na cidade da Coruña, o 9 de xullo de 1997, ás 17 horas, reúnense nos locais de APECCO os señores que arriba se relacionan, membros da comisión negociadora do convenio colectivo provincial da Coruña, de construcción e obras públicas para 1997.

Aberta a sesión e despois dun amplo cambio de impresións, tómanse os seguintes acordos:

1º. A xornada efectiva de traballo para o ano 1997 fíxase en 1.764 horas anuais, de conformidade co acordo sectorial da construcción para o dito ano, quedando, en consecuencia, modificada a xornada aprobada no seu día pola comisión negociadora do convenio, que se reduce en 4 horas, que se desfrutarán o día 30 de decembro, salvo que por mutuo acordo entre empresa e traballador sinalen data diferente.

2º. As retribucións vixentes o 31-12-1996 increméntanse no 2,75%, con efectos desde o 1-1-1997 ó 31-12-1997, debendo aboarse os atrasos no prazo dun mes desde a publicación no BOP da Coruña ou Diario Oficial de Galicia deste acordo.

Únese como anexo nº 1 e formando parte deste acordo táboa expresiva dos indicados conceptos salariais.

3º. As axudas de custo quedan fixadas nos seguintes importes:

a) Axuda de custo completa: 2.830 pesetas.

b) Media axuda de custo: 1.100 pesetas.

4º. Acórdase unirlle á presente acta, como anexo, o texto do acordo sectorial nacional da construcción para 1997.

5º. Facúltase o secretario xeral de APECCO, Miguel García Eiroa para a presentación deste acordo ante a Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para efectos da súa homologación e publicación nos diarios oficiais antes mencionados.

E, en proba de conformidade, asinan o presente acordo as representacións das centrais sindicais comparecentes e representación empresarial, agás a CIG, por entender que os traballadores están perdendo poder adquisitivo, no lugar a data máis arriba indicados.

ANEXO I

Convenio provincial da construcción da Coruña

Ano 1997

NivelCategoríaSalarioPluses

Salariais Extrasalariais

(Por día efectivo de traballo)

GratificaciónsVacaciónsValor

hora

extra

DíaMesAsistenciaDistancia e

transporte

XulloNadal

IITitulado superior5.761172.8307981.279248.124248.124248.1242.082
IIITitulado medio, xefe Admvo. 1ª, xefe Secc. Org. 1ª4.587137.6107981.038200.995200.995200.9951.683
IVXefe de persoal, axte. de obra, encargado xeral de fábrica, encargado xeral4.383131.490798998192.855192.855192.8551.610
VXefe administrativo de 2ª, delineante superior encargado xeral de obra, xefes de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefe de compras3.993119.790798917177.147177.147177.1471.488
VI Ofic. Admvo. de 1ª, delineante de 1ª, xefe encargado de taller, encargado de sección de laboratorio, escultor de pedra e mármore e práctico de topografía de 1ª, técnico de organización, encargado de obra3.401102.030798795153.452153.452153.4521.285
VIIDelinenate de 2ª, técnico de organización de 2ª, práctico de topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, especialista de oficio, capataz3.06091.800798732139.778139.778139.7781.179
VIIIOficial Admvo. 2ª, corredor de praza, inspector de control, sinalización e servicios, analista de 2ª, oficial 1ª de oficio2.98689.580798730136.802136.802136.8021.156
IXAuxiliar Admvo., Axte. topográfico, Aux. Organiz., vendedor, conserxe, oficial 2ª de oficio2.91487.420798727134.224134.224134.2241.136
XAuxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda xurado, especialista de 1ª, axudante de oficio2.808798725129.935129.935129.9351.104
XIEspecialista de 2ª peón especial2.790798723129.253129.253129.2531.104

NivelCategoríaSalarioPluses

Salariais Extrasalariais

(Por día efectivo de traballo)

GratificaciónsVacaciónsValor

hora

extra

DíaMesAsistenciaDistancia e

transporte

XulloNadal

XIILimpadora, peón ordinario2.732798709126.900126.900126.9001.072
XIIIMozo dos recados e pinches de 16 a 18 anos2.266581572102.894102.894102.894

NOTA: As categorías que se indican cunha antigüidade na empresa anterior ó 1-6-1992, rexeranse para efectos económicos polos seguintes niveis:

Nivel: VII: oficial 2ª administrativo

Nivel: VIII: Aux. técnico e administrativo

Nivel: IX: listeiro

Para as categorías cuns devengos mensuais, o salario multiplícase por 30 días e os pluses de asistencia, transporte e distancia por 22 días.

Acordo sectorial nacional da construcción para 1997

Preámbulo.

As partes signatarias, integradas pola Federación Estatal de Madera. Construcción y Afines da Unión Xeral de Traballadores (FEMCA-UGT) e a Federación Estatal de Construcción, Madera y Afines de Comisións Obreiras (FECOMA- CC.OO.), todas elas en representación laboral, e a Confederación Nacional de la Construcción (CNC), en representación empresarial, como organizacións máis representativas do sector da construcción nos seus respectivos ámbitos, e facendo uso das previsións contidas no artigo 3.2. do convenio xeral do sector da construcción (CXSC), acordan:

Artigo 1º.-Ámbitos persoal e funcional.

Quedan obrigados polas disposicións do presente acordo sectorial nacional (ASN) tódalas organizacións, asociacións e entidades que integren empresa e traballadores afectados polo ámbito funcional do convenio xeral do sector da construcción (CXSC), subscrito con data do 10 de abril de 1992.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente acordo será de aplicación en todo o territorio do Estado español.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este acordo estará vixente no ano 1997, logo da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Artigo 4º.-Alcance obrigacional e normativo.

1. As partes que subscriben o presente acordo, na súa condición de organizacións máis representativas do sector, de conformidade co disposto na Lei orgánica de liberdade sindical, incorporarán obrigatoriamente os ditos acordos ós convenios colectivos provinciais que se negocien en 1997.

2. Os convenios provinciais que estean en vigor parte do ano 1997 manterán as condicións neles xa pactadas, en todo o seu contido, ata o seu termo temporal, en que se aplicará o disposto no apartado anterior.

3. Os pactos contidos no presente acordo serán de preferente aplicación sobre calquera outra disposición legal de carácter xeral qe rexese nas materias por el reguladas, salvo que sexan de dereito necesario, substituíndoas, polo tanto, durante a súa vixencia.

Artigo 5º.-Xornada.

1. A xornada ordinaria anual durante o período de vixencia do presente acordo será de 1.764 horas de traballo efectivo.

Os convenios colectivos provinciais que, á entrada en vigor do presente acordo, tivesen unha xornada superior, aplicarán a reducción de 4 horas á xornada do día 30 de decembro, salvo pacto en contrario.

2. As partes asinantes do presente acordo adquiren o compromiso obrigacional de incorporaren ó convenio xeral do sector da construcción as xornadas que a seguir se indican e para os anos seguintes:

AnosHoras anuais

1998 1764

1999 1760

2000 1760

2001 1756

Artigo 6º.-Incrementos económicos.

1. Para o ano 1997, os convenios provinciais aplicarán un incremento do dous con setenta e cinco por cento (2,75 %), sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e pluses salariais e extrasalariais.

2. O importe das axudas de custo e medias axudas de custo, de acordo co disposto no artigo 86.6º do convenio xeral do sector, fixarase no marco dos respectivos convenios colectivos provinciais.

3. Os convenios subscritos para o presente ano manterán as condicións xa pactadas.

4. Os convenios provinciais fixarán o prazo de pagamentos dos atrasos correspondentes.

Artigo 7º.-Cláusula de garantía.

1. No suposto de que o incremento anual do índice de prezos ó consumo (IPC), o 31 de decembro de

1997, superase o dous con setenta e cinco por cento (2,75 %), efectuarase unha revisión económica sobre o exceso do dito tanto por cento, para efectos de que sirva de base para a negociación colectiva seguinte.

2. A dita revisión, se é o caso, afectará os conceptos previstos no artigo 6º.1.

3. Esta cláusula adaptarase ó período de vixencia de cada convenio colectivo.

Artigo 8º.-Cartilla profesional.

As partes asinantes do presente acordo instan á Fundación Laboral para a Construcción para que, en cumprimento do disposto no apartado d) do artigo 5 do acordo sectorial nacional da construcción sobre o concepto económico de antigüidade, do 21 de novembro de 1996, proceda á expedición e seguimento da cartilla profesional da construcción.

Artigo 9º.-Comisión paritaria.

1. Acórdase constituír unha comisión paritaria para a interpretación e seguimento do pactado neste acordo.

2. A dita comisión estará composta por un máximo de doce membros, que serán designados por metades por cada unha das dúas partes, sindical e empresarial, na forma que decidan as respectivas organizacións.

3. Os acordos da comisión paritaria adoptaranse, en todo caso, por unanimidade de ámbalas partes, sindical e empresarial. Os seus acordos interpretativos deste acordo sectorial nacional terán a mesma eficacia cá da cláusula que fose interpretada.

4. O funcionamento da comisión realizarase do xeito que esta acorde, asumíndose xa os acordos adoptados ó respecto pola comisión paritaria do artigo 21 do convenio xeral do sector da construcción, así como o procedemento para soluciona-las posibles discrepancias, previsto no ASEC, e asumido polas partes no acordo sectorial nacional da construcción de 1996.

Artigo 10º.-Denuncia.

Para dar cumprimento ó previsto no artigo 85.2º d) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, as partes signatarias fan constar expresamente que o presente acordo non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro de 1997.

6787