Convocada por Orde do 19 de xuño de 1997 (DOG nº 123, do 27) a provisión, polo sistema de libre
designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 19 de xuño de 1997 (DOG nº 123, do 27).
Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo da presente orde.
Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1997.
Jesús Carlos Palmou Lorenzo
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais
ANEXO I
NRP ou DNI: 3254911068QA8223.
Apelidos e nome: López Crego, José.
Grupo: A.
Corpo/escala: nacional de policía (escala executiva).
Código do posto: XUC050000015770009.
Denominación: Servicio de Coordinación Operativa.
Nivel: 28A.
Dependencia: Dirección Xeral de Interior.
Localidade: Santiago de Compostela.
5783