Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 1997 Páx. 9.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente 312, que afecta ó monte Campos de Corrubedo e Campo de Samil, da parroquia de Corrubedo, concello de Ribeira, desta provincia.

Reunido, con data do 13 de xuño de 1997, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da

Coruña, para estudiar e resolve-lo expediente para a cualificación como veciñal en man común do monte das seguintes características:

Expediente: 312.

Monte: Campos de Corrubedo e Campo de Samil.

Lugar: parroquia de Corrubedo.

Concello: Ribeira.

Superficie: 2,86 ha.

Lindeiros:

Parcela I: Campos de Corrubedo. Situada no lugar de Corrubedo. Superficie 5.502,00 m. Norte: terreo público. Leste: terreo público, camiño e propiedade particular de descoñecidos. Sur: rúa Buenos Aires. Oeste: propiedades particulares de Carmen Brión Brión, Consuelo González Paz, hdos. de Juan Franco, e hdos. de Juan-Ventura Sobrido, das que as separa muro de pedra.

Parcela II: Campo de Samil. Situada no lugar de Corrubedo. Superficie 23.162,00 m. Norte: propiedade particular de hdos. de Ruso da Fonte, camiño, propiedade particular de José Brión Martínez, e camiño. Leste: propiedade particular de Valentín Vizcaya, baldío, propiedade particular de Manuel Díaz e camiño de aceso desde a rúa Buenos Aires. Sur: propiedade particular de Ramona Mariño, camiño e propiedades particulares de Catalina, das de Emilia, descoñecidos, hdos. de José Romay e dos guardias. Oeste: camiño, e propiedades particulares de descoñecidos, de hdos. de Julio Paz e de hdos. de Dolores Paz.

O expediente iníciase mediante acordo do xurado con data do 28 de xuño de 1994, por instancia dos veciños da parroquia de Corrubedo, nomeándose como instructor a Juan Ramón Beneyto Bellas, e tramitándose de acordo coas formalidades legais e regulamentarias esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/92, do 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables no caso.

O xurado, na súa deliberación, acepta a proposta do instructor, ó tempo que acorda a súa incorporación ó expediente, e de acordo cos antecedentes e fundamentos de dereito expostos nela, considera que os dereitos que se alegan nos aproveitamentos que puideran ter sobre o monte os veciños da parroquia de Corrubedo, así como os alegados polo Concello de Ribeira, mantendo o seu dereito de propiedade e non recoñecendo o acto posesorio da comunidade solicitante, implica que, o que se formula neste é cuestión relativa ó dominio de tales parcelas, da competencia dos tribunais da xurisdicción ordinaria,

que substanciarán os trámites do xuízo declarativo ordinario que corresponda. Por iso, nesta data,

ACORDA:

Non cualificar como veciñal en man común o monte Campos de Corrubedo e Campo de Samil afectado polo presente expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 13 de xuño de 1997.

Vº e Pr.

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de

Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de

Montes Veciñais en Man Común da Coruña

6492