Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 1997 Páx. 9.023

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente 320, que afecta o monte de Val, do lugar de Val, parroquia de Chacín, concello de Mazaricos, desta provincia.

Reunido, con data do 13 de xuño de 1997,o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, para estudiar e resolve-lo expediente para a culificación como veciñal en man común do monte das seguintes características:

Expediente: 320.

Monte: de Val.

Lugar: Val.

Parroquia: Chacín.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 19,86 ha.

Lindeiros:

Procede do monte Pedroso, Val, Sixto e outros, nº 103-I do C.U.P.

Norte: Rego das Candas e monte público Aro, desde o piquete nº 63 ó 66 seguindo a orde de piquetes. Leste: resto do monte público Pedroso, seguindo unha liña recta desde o piquete nº 66 ó 25. Con propiedades particulares do lugar de Vioxo desde o piquete nº 25 ó 30, seguindo a orde de piquetes. Sur: resto do monte público Pedroso, seguindo unha liña recta desde o piquete nº 30 ó 48. Oeste: Pro

piedades particulares do lugar de Val desde o piquete nº 48 ó 63, seguindo a orde de piquetes.

O expediente iníciase mediante acordo do xurado con data do 11 de outubro de 1994, por instancia dos veciños do lugar de Val, parroquia de Chacín, concello de Mazaricos, nomeándose como instructor a Juan Ramón Beneyto Bellas, e tramitándose de acordo coas formalidades legais e regulamentarias esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/92, do 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables no caso.

O xurado, na súa deliberación, acepta a proposta do instructor ó mesmo tempo que acorda a súa incorporación ó expediente, e de acordo cos antecedentes e fundamentos de dereito expostos nela, e en especial pola comprobación de que o monte cumpre os requisitos para a súa cualificación como veciñal en man común, é dicir, a súa pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas, e o seu aproveitamento consuetudinario en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuneiros. Por iso, nesta data,

ACORDA:

Cualificar como monte veciñal en man común da comunidade veciñal do lugar de Val, parroquia de Chacín, concello de Mazaricos, o denominado monte De Val, cos lindeiros, superficie e características citados. Así mesmo, acorda excluí-lo declarado do inventario de bens do concello e do catálogo dos de utilidade pública, se neles estivese inscrito, incluíndoo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común que figura na Delegación de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 13 de xuño de 1997.

Vº e Pr.

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de

Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de

Montes Veciñais en Man Común da Coruña

6493