Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 1997 Páx. 9.016

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE VILAGARCÍA DE AROUSA

CÉDULA de citación (6/1996).

En virtude do disposto polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous, de conformidade coa providencia dictada con esta no xuízo por faltas número 67/1996, seguido por lesións en tráfico, por medio da presente cédula cítese a Constantino Mariño Mariño, con DNI 33.265.959, para o día 16 de outubro, ás 10.20 horas, para que compareza ante a sala de audiencia deste xulgado, sito na Avda. Marina, 122, baixo, co fin de asistir á celebración do xuízo oral, en calidade de denunciante/denunciado, debendo comparecer con tódolos medios de proba dos que tente valerse, prevíndoo de que, de non comparecer, recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito.

E para que conste e para a súa inserción nos diarios oficiais e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino a presente cédula en Vilagarcía de Arousa o trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

6258