Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 1997 Páx. 9.017

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO VINTECINCO DE MADRID

EDICTO (281/1989).

Eu, María Josefa González Huergo, secretaria do Social número vintecinco dos de Madrid e a súa provincia, fago saber que nas presentes actuacións que se seguen neste xulgado por instancia de Miguel Ángel Nieto Solís e outro, contra Publicaciones de Galicia e outro, sobre cantidade, rexistrado co número 281/1989, hoxe exec. número 19/1990, con data do 28 de xullo de 1997, se dictou auto de insolvencia coa parte dispositiva do teor literal seguinte que consta na copia simple que se xunta.

E para que lle sirva de notificación a Publicaciones de Galicia, S.A., en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, así como para a súa colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino o presente edicto en Madrid o 28 de xullo de 1997.

O secretario xudicial

Rubricado

6916