Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 1997 Páx. 9.016

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e citación de remate (171/1997).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada nos autos de xuízo executivo que co

número 171/1997 se seguen neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Juan Carlos Casa Lareo, en reclamación de 66.720 ptas. de principal, máis 100.000 ptas. que se calculan por xuros, gastos e custas, pola presente cédula fáiselle saber ó debedor, Juan Carlos Casa Lareo, que se atopa en ignorado paradoiro, que se embargaron, como da súa propiedade, os bens que máis adiante se describen, segundo dispón o artigo 1444 da Lei de axuizamento civil, sen o previo requirimento de pagamento, por se ignora-lo seu paradoiro. E ó propio tempo é citado de remate, concedéndolle o termo de nove días para que compareza nos autos e que se opoña á execución, se lle conviñer, prevíndoo de que, de non verificalo, se seguirá o xuízo na súa rebeldía, recaendo sobre el o conseguinte prexuízo.

Bens embargados:

-Percepcións que o demandado perciba no INEM en concepto de desemprego.

E para que conste e lle sirva de notificación e citación en forma ó debedor, Juan Carlos Casas Lareo, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario do xulgado

6288