Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 10 de setembro de 1997 Páx. 8.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1997, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de nova estrada da vía rápida da Barbanza, treito Padrón-A Vacariza, p.k. 0.000-10.749 (clave N/AC/87.8.1).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu apartado 2º a competencia

da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se vai realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotacións de estradas.

Con data do 30 de abril de 1997, procédese á aprobación do proxecto do trazado da obra da nova estrada da vía rápida da Barbanza, treito Padrón-A Vacariza, p.k. 0.000-10.749, clave N/AC/87.8.1, polo director xeral de Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 14 de maio de 1997, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 129/1997, publicado no DOG nº 104.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran nas relacións expostas no Concello de Dodro, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

-Casa consistorial do Concello de Dodro.

De 9 horas a 13 horas e 16 horas a 19 horas.

Data: 24 de setembro de 1997, dos predios 068 a 513.

Data: 25 de setembro de 1997, dos predios 514 a 621.

Data: 26 de setembro de 1997, dos predios 622 a 791.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Ley de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, perante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, praza Luis Seoane, s/n, 8ª planta, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 27 de agosto de 1997.

José L. Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas da Coruña

6891