Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 10 de setembro de 1997 Páx. 8.957

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1997, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras da variante de Viveiro (clave N/LU/90.6).

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia, do 9 de xuño de 1997,

foi aprobado o proxecto das obras de variante de Viveiro. Clave N/LU/90.6.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, o día 18 de xuño de 1997, declárase urxente, para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto convócanse os propietarios e titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Viveiro e na Delegación Provincial de Lugo, para que comparezcan no lugar, día e hora que se detalla a continuación co fin de proceder ó levantamento de actas previas á súa ocupación, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, o seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o considerasen necesario.

Lugar: Concello de Viveiro. O levantamento de actas será no salon de actos do Concello de Viveiro.

Día: 22 de setembro de 1997; de 9.30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

Ó devantito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución podendo acompañarse, a súa custa, se o considerasen oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tida conta desdes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública ata o momento do levantamento da acta previa a ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, perante esa Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia, sita na Ronda da Muralla nº 131, 17001 Lugo, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se producisen o relacio-los propietarios afectados.

Lugo, 1 de setembro de 1997.

José Antonio Cobreros Aranguren

Enxeñeiro xefe Provincial de Estradas de Lugo

6629