Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 09 de setembro de 1997 Páx. 8.887

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Concello de Santiago de Compostela convoca polo prazo de 30 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da última publicación (BOP ou DOG), ás empresas que desexen homologa-los seus equipos para control permanente de emisión fónica (ós que se refier a Ordenanza municipal de ruídos, vibracións e condicións dos locais, aprobado polo Pleno da Corporación do 22 de xullo de 1997), para que presenten no rexistro xeral do concello as súas propostas.

O dispositivo de control deberá Ter, como mínimo, as seguintes prestacións:

-Rexistrar e almacena-lo período de funcionamento ruidoso da actividade en cuestión, rexistrado data e hora de inicio e data e hora de terminación cos seus correspondentes niveis de emisión de ruídos.

-Rexistrar e almacena-los períodos de almacenamento, con data e hora de encendido e apagado, das fontes sonoras co obxecto de poder contrala-la súa correcta actuación.

-Conserva-la información dos apartados anteriores durante un tempo determinado para permitir unha inspección a posteriori.

-Disporá dun sistema que permita ós servicios municipais realiza-la inspeccción dos datos de maneira que se poidan trasladar ós sistemas infor

máticos do servicio de inspección para a súa análise e avaliación, permitindo a súa impresión. Todas estas operacións non serán destructivas dos datos existentes no dispositivo, nin existira a posibilidade da súa manipulación mediante o sistema informático.

-Así mesmo, deberá dispor dun dispositivo de protección sobre posibles manipulacións á caixa negra realizándose mediante chaves electrónicas ou claves de acceso.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1997.

Alcalde

Rubricado

6824