Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 09 de setembro de 1997 Páx. 8.887

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1997 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: constitúe o obxecto do contrato a redacción dos proxectos básico e de execución, a construcción, dirección técnica desta e xestión en réxime de concesión de aparcamentos públicos para automóbiles en Santiago de Compostela incluíndo reurbanización das zonas exteriores deste, e das outras incluídas no anexo técnico, así como reordenación dos servicios das compañías subministradoras de auga, teléfono e electricidade municipais.

Os licitadores poderán oferta-la construcción dos tres aparcamentos (variante 3), só a construcción de dous (variante 2), que, serán Xeneral Pardiñas-A Rosa e Romero Donallo, ou ben a construcción do aparcamento de Xeneral Pardiñas (variante 1).

Así mesmo, é obxecto do contrato a instalación de expendedores de tickets, xestión de cobramentos, mantemento e reparación dos elementos que constitúen o servicio de aparcamento baixo control horario na vía pública, chamada ORA incluíndo a achega do persoal necesario, así como a execución e o mantemento da sinalización horizontal e vertical precisa.

Inclúese tamén dentro do obxecto o servicio de inmobilización e retirada de vehículos da vía pública (en adiante guindastre) e a súa custodia e almacenamento ata a retirada polos titulares ou poxa pública.

Este servicio comprenderá os supostos incluídos na Lei de seguridade vial, Código de Circulación, ordenanza municipal de tráfico e calquera suposto establecido pola normativa vixente en cada momento.

Comprenderá, así mesmo, a retirada e depósito, logo da orde da policía, daqueles vehículos que se atopen estacionados na vía pública e entorpezan o paso dunha comitiva, cerimonia, etc. e en xeral cando se ordene un traslado sen que xere sanción. Estes traslados serán por conta da empresa ata o 10% do vehículos retirados por ano.

Canon de explotación: aparcamentos: non inferior ó 1% da recadación anual.

ORA: 80% do remanente anual obtido.

Proporase un cadro de tarifas por cada actividade que se explote.

Duración do contrato: a execución do contrato comprende a execución das obras. O prazo máximo de execución das obras, que en todo caso non se poderán realizar entre o mes de abril de 1999 e o mes de decembro do ano 2000, é de sete anos que se reducirán a cinco se se opta por ofertar só a construcción dos dous aparcamentos e a catorce meses se só se constrúe un aparcamento.

As operacións de reurbanización non vinculadas directamente á construcción dos aparcamentos terán o mesmo prazo de execución que estes.

Aparcamentos subterráneos: a duración da concesión será de 50 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

ORA e guindastre: a duración da concesión será de 10 anos. O prazo poderase prorrogar por anualidades ata un máximo de 15 anos.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do concello, de 9 a 14 horas ata o día 21-10-1997.

Documentación: Rúa Nova de Abaixo, 19-21, Santiago de Compostela. Teléfono (981) 59 33 85.

Clasificación do contratista: grupo c, categoría f.

Criterios de adxudicación:

-Solvencia e capacitación técnica da empresa para a execución do contrato: ata 40 puntos.

-Mantemento da proposta de técnica constructiva contida no anexo e garantías sobre a diminución do impacto das obras sobre a actividade normal das rúas nas que se interveña: ata 30 puntos.

-Nº total de prazas de aparcamento construídas e superficie urbanizada, así como mellor estructura tarifaria: ata 20 puntos.

-Mellora xeral nos prazos de execución, así como na distribución de anualidades: ata 10 puntos.

Garantía provisional: 2.000.000 de ptas.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público ás 12 horas na Casa do Concello (secretaría) o día 27-10-1997.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1997.

Alcalde

Rubricado

6461