Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 09 de setembro de 1997 Páx. 8.888

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE PÚBLICA DE INVESTIMENTOS DE GALICIA, S.A.

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1997 pola que se convoca concurso público para a adquisición de material didáctico con destino a centros de formación profesional, dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Univesitaria.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

b) Dependencia que tramita o expediente: departamento económico-financeiro de SPI-Galicia, S.A.

c) Número de expediente: 0197.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de material didáctico con destino a centros de F.P.

b) Lugar de entrega: almacén da Estrada, sito no polígono de Toedo, s/n A Estrada (Pontevedra).

c) Prazo de entrega: 1 mes como máximo desde a notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 733.426.840 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: SPI-Galicia, S.A.

b) Domicilio: praza Europa 10ª-5º edificio Área Central. Polígono das Fontiñas. 15703 Santiago de Compostela. Teléfonos (981) 54 50 02 e 54 50 34. Fax: 54 50 95.

6.2. Adquisición de pregos.

a) Teléfono: (981) 59 07 11.

b) Domicilio: rúa Nova de Abaixo, 19, Santiago de Compostela.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: día 24 de outubro ás 12 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego.

c) Lugar de presentación.

1ª) Entidade: rexistro SPI-Galicia, S.A.

2ª) Domicilio: praza Europa 10ª-5º edificio Área Central. Polígono das Fontiñas.

3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: SPI-Galicia, S.A.

b) Domicilio: praza Europa 10ª-5º edificio Área Central. Polígono das Fontiñas.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 31 de outubro de 1997, ás 9.45 horas.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1997.

Margarita Rodríguez Rama

Presidenta de Sociedade Pública de Investimento de Galicia, S.A.