Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 09 de setembro de 1997 Páx. 8.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1997 pola que se anuncia o concurso público 8/1997, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración dun equipamento topográfico para a escola universitaria de Arquitectura Técnica (expediente 1033/1997).

Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración dun equipamento topográfico para a E.U. de Arquitectura Técnica.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado, sita na rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Maestranza, s/n, de luns a venres de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: dous millóns duascentas oitenta e cinco mil pesetas (2.285.000 ptas.).

Garantía provisional: corenta e cinco mil setecentas pesetas (45.700 ptas.).

A Coruña, 1 de setembro de 1997.

Por ausencia

Antón González Artiaga

Rubricado

6834