Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración
dun equipamento de laboratorio para a facultade de Ciencias.
O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado, sita na rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres de 9 a 14 horas.
As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Maestranza, s/n, de luns a venres de 9 a 14 horas.
O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.
Orzamento de contratación:
-Lote 1: un millón novecentas quince mil pesetas (1.915.000 ptas.).
-Lote 2: un millón duascentas noventa mil pesetas (1.290.000 ptas.).
Garantía provisional:
-Lote 1: trinta e oito mil trescentas pesetas (38.300 ptas.).
-Lote 2: vintecinco mil oitocentas pesetas (25.800 ptas.).
A Coruña, 1 de setembro de 1997.
Por ausencia
Antón González Artiaga
Rubricado
6835