Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 09 de setembro de 1997 Páx. 8.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1997 pola que se anuncia o concurso público 8/1997, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de diverso equipamento para o laboratorio de análise das imaxes. Rectorado (expediente 1032/1997, cinco lotes).

Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de diverso equipamento para o laboratorio de análise das imaxes. Rectorado.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado, sita na rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Maestranza, s/n, de luns a venres de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación:

-Lote 1: un millón cincocentas mil pesetas (1.500.000 ptas.).

-Lote 2: un millón seiscentas mil pesetas (1.600.000 ptas.).

-Lote 3: un millón duascentas cincuenta mil pesetas (1.250.000 ptas.).

-Lote 4: un millón setecentas cincuenta mil pesetas (1.750.000 ptas.).

-Lote 5: dous millóns de pesetas (2.000.000 de ptas.).

Garantía provisional:

-Lote 1: trinta mil pesetas (30.000 ptas.).

-Lote 2: trinta e dúas mil pesetas (32.000 ptas.).

-Lote 3: vintecinco mil pesetas (25.000 ptas.).

-Lote 4: trinta e cinco mil pesetas (35.000 ptas.).

-Lote 5: corenta mil pesetas (40.000 ptas.).

A Coruña, 1 de setembro de 1997.

Por ausencia

Antón González Artiaga

Rubricado

6833