Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación Empresarios Transportistas do Servicio Discrecional de Viaxeiros da Comunidade de Galicia Anetra-Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depo

sitados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Empresarios Transportistas do Servicio Discrecional de Viaxeiros da Comunidade de Galicia (Anetra-Galicia), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán integrarse na asociación, como socios activos, as persoas físicas ou xurídicas que voluntariamente o soliciten e que ostenten a titularidade de empresas de servicios públicos discrecionais de viaxeiros por estrada, da Comunidade galega, conforme as disposicións vixentes que regulan tódolos aspectos da actividade.

Asinan a acta de constitución: Benito Abalo Rivas e once persoas máis.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

6619