Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación de Formación Integrada de Mujeres Empresarias y Gerencia Activa (Fimega).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Formación Integrada de Mujeres Empresarias y Gerencia Activa (Fimega), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas mulleres maiores de idade que realicen actividades profesionais encadradas nalgun dos seguintes sectores: a) actividades económicas por conta propia. b) Desempeño de cargo de directora, xerente, administradora ou calquera outro que implique capacidade de decisión dentro da empresa. c) Profesional liberal ou exercer profesión que esixa estar colexiado.

Asinan a acta de constitución: Mª Ángeles Fernández Purriños e seis persoas máis.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

6635