Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación Sociedad Gallega de Profesionales en Quiromasaje.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Sociedad Gallega de Profesionales en Quiromasaje, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros da devandita asociación os quiromasaxistas posuidores do título ou diploma que acredite estudios en quiromasaxe, estean dados de alta fiscal e exerzan a profesión no territorio galego.

Asinan a acta de constitución: Alberto Álvarez Corbacho e tres persoas máis.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

6637