Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación de Productores do Rosal (Aprosal).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Productores do Rosal (Aprosal), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas empresas que estean integrada no sector de adegas, hortas, floricultura e conservas sempre que estean dadas de alta, instaladas e en funcionamento na comarca do Rosal.

Asinan a acta de constitución: Samuel Estévez Martínez, en representación da empresa cooperativa Porta do Río Miño, S.C.L., e dúas persoas máis representando outras tantas empresas.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

6636