Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 30 de xullo de 1997 pola que se autoriza a ampliación dunha granxa mariña, sita no lugar de Cariño-Doniños, termo municipal de Ferrol (A Coruña), da que é titular Acuidoro, S.L.

Vista a solicitude e o proxecto presentados por Antonio Casal Sixto, en representación da empresa Acuidoro S.L., con C.I.F. nº B-15.139.785, para amplia-la granxa mariña dedicada o engorde de rodaballo, localizada en Cariño-Doniños, da que é titular a citada empresa.

Examinado o proxecto de ampliación, elaborado polo enxeñeiro industrial superior Javier Guillén Rodríguez en xaneiro de 1977, e demais documentación aportada.

Esta consellería, de acordo coa lexislación vixente, á vista dos informes obtidos, por proposta da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, tralo informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico,

RESOLVE:

Outorgar a Acuidoro S.L., autorización para ampliar, nunha nave con superficie construída de 3.494 m., a granxa mariña, adicada ó engorde de rodaballo (Psetta maxima), autorizada por Orde do 9-7-1987 (DOG nº 158 do 19-8-1987), modificada por Orde do 5-7-1995 (DOG nº 214 do 8-11-1995), localizada en Cariño-Doniños, termo municipal de Ferrol (A Coruña).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-A autorización implica o incremento da producción anual en 120 TM e da superficie útil de cultivo en 2.542 m, coa seguinte distribución.

Preengorde 125 mSuperficie útil de cultivo

16 piscinas de 7,81m125 m

Engorde 2.417 mSuperficie útil de cultivo

42 piscinas de 44,95 m1.888 m

7 piscinas de 75,57 m529 m

Segunda.-As obras e instalacions realizaranse de acordo co proxecto presentado, do que figura plano anexo a esta orde, e non suporá modificación do dominio público marítimo-terrestre outorgado.

Terceira.-As obras, que poderán dar comezo no momento no que se dispoña de tódalas autorizacións dos organismos competentes na materia, realizaranse no prazo máximo de 2 (dous) anos, contados a partir da publicación da presente orde. Do remate destas darase conta á delegación territorial desta conselleria na Coruña, para a súa inspección e elaboración do correspondente informe.

Cuarta.-As instalacións cumprirán o disposto no Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e da acuicultura. Así mesmo, ó establecemento seralle será de aplicación o disposto na orde inicial de outorgamento e disposicions legais concordantes.

Quinta.-O outorgamento desta autorización non exime o titular da obtención das licencias u outras autorizacións legalmente procedentes, esixibles por outros organismos en función das súas competencias.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso administrativo na forma e prazo previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, de 30 de xullo de 1997.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

6638