Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 23 de xullo de 1997, da Área de Servicios Sociais da Coruña, polo que se lles require documentación ós solicitantes de pensións non contributivas da Seguridade Social, relacionados no anexo.

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, atribuída na disposición adicional décimo oitava do R.d. lexislativo 1/1994, do 20 de xuño e no artigo 21 do R.d. 357/1991, do 15 de marzo, a falta dos datos necesarios para proceder á tramitación na fase de revisión anual dos expedientes que a continuación se relacionan, ó ter sido devoltas polo servicio de correos as peticións de documentación enviadas no seu día e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requírese ós abaixo citados para que no prazo de 15 días, contados desde o seguinte ó da data de publicación deste edicto, comparezan, persoalmente ou debidamente representados, na Área de Servicios Sociais da Coruña (Concepción Arenal 7-9) para ter coñecemento do trámite ou documentación que teñen que xuntar ó expediente. De non comparecer no prazo indicado, ou se dentro dos 15 días seguintes ó da

comparecencia non presentasen a documentación requirida, en virtude do disposto no artigo 16.2º do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE 21 de marzo), procederase a suspender cautelarmente o pagamento da pensión.

A Coruña, 23 de xullo de 1997.

Tomás Fernández-Montesinos y Precioso

Delegado provincial da Coruña en funcións

SolicitanteDNINº Expte.

MORILLO JUÍZ, DELFINA34.133.7132543/J/93
SALGADO CASTROAGUDÍN, Mª ESTHER33.256.4691224/J/92
SÁNCHEZ LÓPEZ, MARÍA33.133.7864652/J/91

6469