Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1997, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se anuncia concurso aberto, en trámite de urxencia, da concesión da xestión do servicio de cafetería do Centro Galego de Arte Contemporánea.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Organismo: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Enderezo: rúa Valle Inclán s/n, 15704 Santiago de Compostela.

Teléfono: (981) 54 66 17. Fax: (981) 54 66 25.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: concesión.

Descrición do obxecto: xestión do servicio de cafetería do CGAC.

3. Canon da concesión:

Importe: cento vinte mil pesetas anuais (120.000 ptas.).

4. Prazo de vixencia:

Dous anos prorrogables.

5. Fianzas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: cincocentas mil ptas. (500.000).

Complementaria: un millón de ptas. (1.000.000).

6. Clasificación do contratista: non se esixe.

7. Presentación de propostas.

Lugar: rexistro xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, edificio San Caetano, bloque 3, 2º piso, 15711 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e terminará o décimo terceiro día natural, ás catorce horas; se o último día fose inhábil, prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en tres sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores.

Os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas particulares e prescricións técnicas.

9. Modelo de proposición:

O que figura como anexo no prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Tódolos interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea e nas delegacións da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

11. Apertura de proposicións:

Terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social ás 12 horas do quinto día seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas polos interesados; se o último día fose inhábil, prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

12. Anuncios:

Os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 1997.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

6468