Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1997 pola que se anuncian, polo sistema de concurso, procedemento aberto, as seguintes contratacións: proxecto básico e de execución de consolidación do mosteiro de Caaveiro-A Capela (A Coruña) e adquisición de material informático para a rede de bibliotecas de Galicia.

A Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, as contratacións seguintes:

-Proxecto básico e de execución de consolidación do mosteiro de Caaveiro-A Capela (A Coruña):

Orzamento de licitación: nove millóns novecentas oitenta e cinco mil setecentas cincuenta e catro pesetas (9.985.754 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Fianza provisional: non se esixe.

Clasificación esixida: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

-Adquisición de material informático para a rede de bibliotecas de Galicia:

Orzamento de licitación: vintecatro millóns de pesetas (24.000.000 de ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: un (1) mes.

Fianza provisional: catrocentas oitenta mil pesetas (480.000 ptas.).

Exposicións dos pregos: o proxecto, os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifiesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981/58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do decimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996, DOG nº 127, do 28)

José María Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

6799