Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación das propostas de resolución, formuladas polo instructor do expediente sancionador de incendios forestais que se cita, devoltas polo servicio de correos. (Expediente IF 43/97 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan,

que con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE do 13-2-1973), por non ser posible a notificación a través do aervicio de correos.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus derechos.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto de 1993).

ANEXO

-Expediente: IF 43/97.

Denunciado: Alberto Arias Souto.

DNI: 33.311.287-L.

Último enderezo coñecido: r/ Nogueira, 36-B, Lugo.

Feitos imputados: depositar entre mato e monte baixo un vehículo, modelo R-12, matrícula C-5820-A, en aparente estado de abandono, sendo un posible foco de iniciación de incendio forestal.

Precepto sancionador: artigo 136.j) 137.e) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 12.000 ptas.

-Expediente: IF 72/97.

Denunciado: José Antonio Rábade Rodríguez.

Último enderezo coñecido: r/ Ronda do Carme, nº 70.

Feitos imputados: depositar un vehículo en zona forestal, marca SEAT, 600 matrícula LU-27006; estando prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.

Precepto sancionador: artigo 136.j) 137.e) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 12.000 ptas.

-Expediente: IF 78/97.

Denunciado: Pascual López Díaz.

Último enderezo coñecido: Mosteiro, nº 6, Cervantes-Lugo.

Feitos imputados: depositar un vehículo entre o mato, marca SEAT 1500 matrícula B-463628, podendo supoñer perigo de incendio forestal, e estando prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.

Precepto sancionador: artigo 136.j) 137.e) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 12.000 ptas.

-Expediente: 98/97.

Denunciado: Jesús Rey Pena.

DNI: 76.353.979.

Último enderezo coñecido: Santabaia, s/n, Vilalba-Lugo.

Feitos imputados: depositar un vehículo en zona forestal, marca SEAT 1200 SPORT matrícula LU-7944-C, rodeado de mato e próximo ó arboredo; estando prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.

Precepto sancionador: artigo 136.j) 137.e) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 12.000 ptas.

Lugo, 31 de xullo de 1997.

Fernando Rengifo Méndez-Núñez

Instructor do expediente

6464