Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación das providencias de incoación dos expedientes sancionadores POAG I-275/1997 e POAG I-284/1997 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 12-11-1992), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoación de expediente sancionador (POAG I-275/1997, POAG I-284/1997) por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Manuel Francisco Gutiérrez e secretario Santiago Camarero Merino poidendo recusalos en calquer momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.

O que se notifica, os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente neste Servicio de Defensa contra Incendios Forestales, sito en Cabanas-Salcedo, e para que aportare por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Se nos comunica nun prazo de cinco días a retirada do vehículo, o expediente será sobreseido.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da postestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegación no prazo anterior, este acordo de inicación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente, é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do Regulamento da Lei de Incendios Forestais.

O pagamento voluntario poderá por fin ó expediente, para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio de D.C.I.F. sito en Salcedo-Cabanas (Pontevedra).

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade san

cionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 5 de agosto de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: I-275/1997.

Denunciado, último enderezo coñecido: Delmiro Barral Vidal, Casteláns-Lourido, 21, 36878 O Covelo.

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do Regulamento á L.I.F.

Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento á L.I.F.

Sanción: 50.000.

Expediente: I-284/1997.

Denunciado, último enderezo coñecido: Desguaces Nito, Cerquido, 36400 O Porriño.

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do Regulamento á L.I.F.

Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento á L.I.F.

Sanción: 50.000.

6767