Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de epizootias 080SA/97.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.d. 1665/1976, de 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

Noméase intructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolucion será acordada polo delegado provincial desta donsellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na

Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples -Monelos- e para aportaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poralle fin o expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples -Monelos- A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.d. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 26 de agosto de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 080SA/97.

Denunciado: Pérez Trinidad, Ramón.

DNI: 32.664.752

Último domicilio coñecido: r/ Lobo Monterio, 7; 15588 Narón (A Coruña).

Feito denunciado: atoparse na feira con gando sen cualificación sanitaria, e non respectar ademais a inmobilización decretada na súa explotación gandeira.

Tipificación infracción. Regulamento de epizootias: 224 do regulamento, e 7.5 e 14 da Orde do 27-4-1994.

Sanción proposta: 75.000 ptas.

6768