Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador IF-30/1997 (incendios-Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 59-4º da Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11), notificaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo a través dos impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación conforme ó Real decreto 1398/1993, de 4 de agosto (BOE do 9-8). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Lugo, 31 de xullo de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente número: IF-30/1997.

Denunciado: José Antonio Fernández López.

DNI: 34.252.423.

Enderezo: rúa Rectoral, 6, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Feito denunciado: abandonar un vehículo nunha masa forestal, marca Seat Ritmo, matrícula C-9861-O, que pode supoñer perigo de incendio forestal dada a súa situación; estando prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.

Precepto infrinxido: artigo 136.j), 137.e) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 12.000 ptas. de multa.

6489