Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-360/1996 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo de pesca fluvial de Galicia.

Os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, de 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na rúa Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 31 de xullo de 1997.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: P-360/1996.

Denunciado, último enderezo coñecido: Antonio Sáenz-Díez Cabello. Arenal, 78, Vigo.

Feito denunciado: pescar en época de veda desde unha embarcación, no río Miñor, o día 16 de agosto de 1996.

Precepto infrinxido: artigo 34.8 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 pesetas e Inhb. para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.

6490