Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/145-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eurovento.

Domicilio social: rúa Galeras, 17-3º, 15705 Santiago de Compostela.

Denominación: subestación transformadora Paxareiras de 66/30 kV.

Situación: concello de Mazaricos.

Descricións técnicas: subestación eléctrica a 30/66 kV, denominada Paxareiras constituída por: tensión de 66 kV, estructura metálica de apoio e soporte para dúas posicións de liña, denominadas Tambre e Pontella, levando cada posición un seccionador con coitelas de P.A.T., interruptor automático e trafos de tensión e intensidade. Transformador de potencia 30/66 kV de 40 M.V.A. Tensións de 30 kV Equipamento formado por: cela de medida, dúas celas de saída á rede eólica, cela de servicios auxiliares, dúas celas de batería de condensador. Equipos de mando, sinalización, control e medida. Concello de Mazaricos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 8 de agosto de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6439