Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.809

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (113/1995-05).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo en autos de proceso de cognición que se seguen baixo o número 113/1995 por instancia do Banco Central Hispanoamericano, representado polo procurador Regueiro Muñoz, sobre reclamación de cantidade, pola presente cédula emprázase a demandada Gescoinsa, con CIF B-15324866 e domicilio en praza de José Antonio, 6-5º A, Santiago de Compostela, actualmente en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de nove días compareza nos autos, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e de recaer sobre ela os demais prexuízos ós que houbese lugar en dereito.

E para que lle sirva de emprazamento en forma a Gescoinsa, á que se lle fai saber que as copias da demanda e documentos se atopan ó seu dispor na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteún de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Gonzalo Cabaleiro de Saa

Secretario xudicial

6802