Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.784

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio dos materiais da construcción e saneamento.

Visto o texto do acordo asinado o día 4-6-1997, pola comisión negociadora do convenio para o sector do comercio dos materiais da construcción e saneamento (código 2700175), da provincia de Lugo, integrada pola representación da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC) e das centrais sindicais FEMCA-UGT, CC.OO, USO e CIG, sobre adaptación da xornada de traballo para o ano 1997 e táboas salariais do convenio ó acordo sectorial da construcción, e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscricion do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 4 de xullo de 1997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio dos materiais da construcción e saneamento

Asistentes.

Representación sindical:

Por FEMCA- UGT:

Adolfo Mosteirín Turia

Alfonso García Capón

José Luis Castrillón López

Por CC.OO:

Ángel Barreiro Pérez

Jesús Varela Lodeiro

Ramiro López Peruga

Por USO:

Mª del Carmen Arias Río

Pola CIG:

Iñaki García Gómez

Domingo Castiñeira Abuín

Representatividade no sector:

Convenio do comercio de materiais da construcción e saneamento.

Por FEMCA- UGT: 33,33% de representación.

Por CC.OO.: 41,70 % de representación.

Pola CIG: 8,3 % de representación.

Por USO: 16,7 % de representación.

Representación patronal (APEC):

Rafael Díaz Iglesias

Miguel Varela Varela

José Bouso Alvite

Antonio Rodríguez Suárez

David Lazare Rodríguez

Javier del Cura del Puente

Na cidade de Lugo, o catro de xuño de 1997, reúnense os representantes das centrais sindicais e da APEC que á marxe se relacionan, integrantes da comisión deliberadora do convenio do comercio de materiais de construcción e saneamento, co obxecto de inicia-las deliberacións para adaptación da xornada de traballo para o ano 1997 ás 1.764 horas fixadas polas partes signatarias do acordo sectorial da construcción para o citado ano, e sobre a adaptacion das táboas salariais do convenio con aplicación do 2, 75 % previsto no citado acordo sectorial para o ano 1997.

Toda vez que na reunión do sete de abril do presente ano as representacións sindicais e de APEC, despois de que a representación empresarial formulase a imposibilidade de fixar días concretos de descanso con peche dos establecementos, polo grave

prexuízo que representaría ó tratarse de comercios múltiples, o que desprazaría a clientela a outros establecementos, circunstancia que obriga a efectua-los descansos en días distintos para o persoal; e de que a representación social formulase que o dito sector, ó estar acollido ó convenio xeral da construcción, debía cumpri-la adpatación de xornada ó que se dispuxese para o efecto no acordo sectorial nacional, a comisión acordou que cada empresa, por parte da súa dirección e dos seus traballadores, determinase as xornadas nas que o operario desfrutará os días de descanso, co fin de que se adecúe tal desfrute de forma rotativa que permita mante-la atención ó público no establecemento en tódolos días laborables.

Neste sentido, as partes acordan:

1. Ratifica-los acordos da comisión deliberadora do 7-4-1997 antes aludidos.

2. Adapta-la xornada anual a 1.764 horas de traballo efectivo, o que suporá para cada traballador oito días máis catro horas de descanso no ano para 1997.

3. Que se expoña no taboleiro de anuncios das empresas no prazo de 45 días desde a publicación dete acordo no DOG os días en que cada traballador desfrutará a xornadas de descanso, salvo pacto individual en contrario.

4. Incrementa-los conceptos retributivos do convenio, vixentes o 31-12-1996, salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións, plus de asistencia e plus extrasalarial no 2,75 %, conforme a táboa que se une como anexo I, con efectos do 1-1-1997 ó 31-12-1997, debendo aboarse os atrasos no prazo dun mes desde a publicación no DOG deste acordo.

5. Unirlle á presente acta, como anexo, o texto do acordo sectorial nacional da construcción para 1997.

6. Eleva-la presente acta e os seus anexos á delegación provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para a súa homologación e publicación no DOG.

E, en proba de conformidade, subscríbese o presente acordo coa maioría suficiente para a súa validez, con excepción da CIG.

Acordo sectorial nacional

da construcción para 1997

Preámbulo.

As partes signatarias, integradas pola Federación Estatal de Madera. Construcción y Afines da Unión Xeral de Traballadores (FEMCA-UGT) e a Federación Estatal de Construcción, Madera y Afines de Comisións Obreiras (FECOMA- CC.OO.), todas elas en representación laboral, e a Confederación Nacio

nal de la Construcción (CNC), en representación empresarial, como organizacións máis representativas do sector da construcción nos seus respectivos ámbitos, e facendo uso das previsións contidas no artigo 3.2. do convenio xeral do sector da construcción (CXSC), acordan:

Artigo 1º.-Ámbitos persoal e funcional.

Quedan obrigados polas disposicións do presente acordo sectorial nacional (ASN) tódalas organizacións, asociacións e entidades que integren empresa e traballadores afectados polo ámbito funcional do convenio xeral do sector da construcción (CXSC), subscrito con data do 10 de abril de 1992.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente acordo será de aplicación en todo o territorio do Estado español.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este acordo estará vixente no ano 1997, logo da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Artigo 4º.-Alcance obrigacional e normativo.

1. As partes que subscriben o presente acordo, na súa condición de organizacións máis representativas do sector, de conformidade co disposto na Lei orgánica de liberdade sindical, incorporarán obrigatoriamente os ditos acordos ós convenios colectivos provinciais que se negocien en 1997.

2. Os convenios provinciais que estean en vigor parte do ano 1997 manterán as condicións neles xa pactadas, en todo o seu contido, ata o seu termo temporal, en que se aplicará o disposto no apartado anterior.

3. Os pactos contidos no presente acordo serán de preferente aplicación sonre calquera outra disposición legal de carácter xeral que rexese nas materias por el reguladas, salvo que sexan de dereito necesario, substituíndoas, polo tanto, durante a súa vixencia.

Artigo 5º.-Xornada.

1. A xornada ordinaria anual durante o período de vixencia do presente acordo será de 1.764 horas de traballo efectivo.

Os convenios colectivos provinciais que, á entrada en vigor do presente acordo, tivesen unha xornada superior, aplicarán a reducción de 4 horas á xornada do día 30 de decembro, salvo pacto en contrario.

2. As partes asinantes do presente acordo adquiren o compromiso obrigacional de incorporaren ó convenio xeral do sector da construcción as xornadas que a seguir se indican e para os anos seguintes:

AnosHoras anuais

19981.764

19991.760

20001.760

20011.756

Artigo 6º.-Incrementos económicos.

1. Para o ano 1997, os convenios provinciais aplicarán un incremento do dous con setenta e cinco por cento (2,75 %), sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e pluses salariais e extrasalariais.

2. O importe das axudas de custo e medias axudas de custo, de acordo co disposto no artigo 86.6º do convenio xeral do sector, fixarase no marco dos respectivos convenios colectivos provinciais.

3. Os convenios subscritos para o presente ano manterán as condicións xa pactadas.

4. Os convenios provinciais fixarán o prazo de pagamentos dos atrasos correspondentes.

Artigo 7º.-Cláusula de garantía.

1. No suposto de que o incremento anual do índice de prezos ó consumo (IPC), o 31 de decembro de 1997, superase o dous con setenta e cinco por cento (2,75 %), efectuarase unha revisión económica sobre o exceso do dito tanto por cento, para efectos de que sirva de base para a negociación colectiva seguinte.

2. A dita revisión, se é o caso, afectará ós conceptos previstos no artigo 6.1.

3. Esta cláusula adaptarase ó período de vixencia de cada convenio colectivo.

Artigo 8º.-Cartilla profesional.

As partes asinantes do presente acordo instan á Fundación Laboral para a Construcción para que, en cumprimento do disposto no apartado d) do artigo

5º do acordo sectorial nacional da construcción sobre o concepto económico de antigüidade, do 21 de novembro de 1996, proceda á expedición e seguimento da cartilla profesional da construcción.

Artigo 9º.-Comisión paritaria.

1. Acórdase constituír unha comisión paritaria para a interpretación e seguimento do pactado neste acordo.

2. A dita comisión estará composta por un máximo de doce membros, que serán designados por metades por cada unha das dúas partes, sindical e empresarial, na forma que decidan as respectivas organizacións.

3. Os acordos da comisión paritaria adoptaranse, en todo caso, por unanimidade de ámbalas partes, sindical e empresarial. Os seus acordos interpretativos deste acordo sectorial nacional terán a mesma eficacia cá da cláusula que fose interpretada.

4. O funcionamento da comisión realizarase do xeito que esta acorde, asumíndose xa os acordos adoptados ó respecto pola comisión paritaria do artigo 21 do convenio xeral do sector da construcción, así como o procedemento para soluciona-las posibles discrepancias, previsto no ASEC, e asumido polas partes no acordo sectorial nacional da construcción de 1996.

Artigo 10º.-Denuncia.

Para dar cumprimento ó previsto no artigo 85.2.d) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, as partes signatarias fan constar expresamente que o presente acordo non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro de 1997.

Táboa de retribucións do convenio de comercio de materiais

de construcción e saneamento desde o 1-1-1997 ó 31-12-1997

CategoríasNiveisSalario

base

mensual

Plus Asist.

Prod. e

Punt.

mensual

Plus

extra

salarial

mensual

Total

mensual

Vacacións

anual

Gratifi

Verán

cacións

Nadal

Total

anual

Encargado xeralII al IV83.87530.83011.747126.452115.889115.889115.8891.738.638
E. Xral. establecementoV77.78029.63211.083118.495109.260109.260109.2601.631.214
Of. Administr. 1ª e outrosVI75.73524.6738.887109.295107.328107.328107.3281.226.524
Capataz e outrosVII75.73520.0798.320104.134103.467103.467103.4671.455.872
Oficial 1ª e outrosVIII75.73518.8168.119102.670102.974102.974102.9741.438.292
Oficial 2ª e outrosIX75.7359.9627.05692.75399.52199.52199.5211.318.846
Axudantes e outrosX75.7358.5996.92191.25598.99098.99098.9901.300.776
Peón especialista e outrosXI75.7359.0836.85791.67598.83398.83398.8331.304.924
Peón ordinario e outrosXII75.6813.1086.15684.94596.84796.84796.8471.224.936

5891