Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 21 de xullo de 1997 de notificación da resolución do expediente sancionador 36/11/97, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que

non puideron ser notificadas no último enderezo coñecido, que así mesmo se indica), a resolución do expediente nº 36/11/97, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a resolución cabe interpor recurso ordinario perante o presidente do Instituto Galego de Consumo, no prazo dun mes contado a partir desta notificación.

Se non fose recorrida nese prazo, a sanción será firme e executiva e poderase facer efectiva, en período voluntario, no prazo de 15 días hábiles na conta número 020222/3 da Caixa de Aforros de Pontevedra, código 3111, da oficina principal 001, de Pontevedra; noutro caso procederase ó se cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Expediente: 36/11/97.

Inculpado: Benigno Rodríguez Quintas.

Enderezo: rúa Ramón y Cajal, 1-36300-Baiona.

Sanción e motivo: 50.000 ptas. Irregularidades en materia de defensa do consumidor.

Data da resolución: 22 de maio de 1997.

Pontevedra, 21 de xullo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo

6359