Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de modificación da Asociación de Empresarios del Comercio de Betanzos que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, denominarase Asociación de Comerciantes y Empresarios de Betanzos.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foi depositada a acta de modificación da Asociación de Empresarios del Comercio de Betanzos que no sucesivo, e en virtude da dita modificación se denominará Asociación de Comerciantes y Empresarios de Betanzos.

Asinan a acta de modificación: Alberto Catalá (presidente) e Javier Sánchez Lodeiro (secretario).

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 28 de xullo de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

6419