Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a adquisición de material informático para a secretaría xeral desta consellería.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación, polo sistema de concurso aberto, da adquisición de material informático para a secretaria xeral desta consellería.

Obxecto: adquisición de material informático para a Secretaria Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Orzamento e tipo: seis millóns cento noventa e cinco mil oitocentas noventa e unha pesetas (6.195.891), IVE e outros impostos incluídos.

Prazo de entrega: segundo o prego de prescricións técnicas.

Documento de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán neste concurso, estarán á disposición dos licitadores na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, (San Caetano, bloque 5, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderanse presentar no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do vixesimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase un telegrama ou fax á secretaría xeral, no que se lle comunique a presentación da oferta.

Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás diez horas (10 horas) do sexto día hábil contado

a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas sempre e cando este día non coincida en sábado ou festivo. Neste caso, tal día pasará a se-lo primeiro hábil seguinte.

Fianza provisional: dous por cento da licitación (2%).

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 1997.

Víctor M. Vázquez Seijas

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

6274