Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se adxudica o concurso público 14/1997, prestación integral do servicio de almorzos e merendas para unidades de hospitalización e manutención do persoal de garda no Hospital Santo Cristo de Piñor.

Convocado o concurso público nº 14/1997 para a contratación da prestación integral do servicio de almorzos e merendas para unidades de hospitalización e manutención do persoal de garda no Hospital Santo Cristo de Piñor, e á vista das actuacións practicadas de conformidade coa lexislación vixente, esta dirección xerencia en virtude das atribucións delegadas pola orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño),

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle a contratación da prestación integral do servicio de almorzos e merendas para unidades de hospitalización e manutención do persoal de garda no Hospital Santo Cristo de Piñor a:

Servicios de Hosteleria Aguinchos, S.L.

NIF: B. 32192817.

Segundo-O importe do contrato será de catorce millóns cento trinta e catro mil seiscentas vintecinco pesetas (14.134.625 ptas.) IVE incluído, en cómputo anual.

Terceiro.-A vixencia do contrato fíxase desde a data da sinatura deste ata o 31 de decembro de 1997.

Cuarto.-Logo da formalización do contrato, a empresa adxudicataria deste servicio está obrigada a constituír unha fianza definitiva do 4% do importe de licitación, asi como ó resto das obrigas, na forma e contía sinaladas nos pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas que rexeron neste concurso.

Ourense, 31 de xullo de 1997.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario

Cristal-Piñor de Ourense

6402