Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 04 de setembro de 1997 Páx. 8.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 4 de agosto de 1997, o plan parcial do parque empresarial de Espiñeira (Boiro), en aplicación do disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese á información pública polo prazo dun mes, contado a partir da última inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia, no BOP da Coruña e nun dos xornais de maior tirada da provincia. Durante o dito prazo o expediente poderá ser examinado polos interesados na secretaría deste concello para formula-las alegacións ou reclamacións que se consideren pertinentes.

Boiro, 8 de agosto de 1997.

O Alcalde en funcións

Rubricado

6423