Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 04 de setembro de 1997 Páx. 8.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RECTIFICACIÓN de erro no prazo de presentación de ofertas. Redacción do plan sectorial da rede viaria dos municipios da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros (As 97/4).

No anuncio do concurso para a redacción do plan sectorial da rede viaria dos municipios da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros publicado no Diario Oficial de Galicia o 21 de agosto de 1997, produciuse un erro no prazo de presentación de ofertas. O correcto, indicado no prego de cláusulas regulador do concurso, é de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia. Polo tanto poderán presentarse proposicións ata as 13 horas do día 22 de outubro de 1997.

A Coruña, 27 de agosto de 1997.

O xefe de contratación

Rubricado

6424