Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 04 de setembro de 1997 Páx. 8.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1997 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto modificado de piscina climatizada en Adormideras.

1. Entidad adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: O97/53.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto modificado de piscina climatizada en Adormideras.

Prazo de execución: un ano.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 280.249.194 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 5.604.984 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Sucopia, S.L. b) Enderezo: Ronda de Nelle, 131. c) Localidade: A Coruña. d) Teléfono: (981) 26 70 64. e) Fax: (981) 27 18 31. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación: grupo A, subgrupo 1, categoría c; grupo C, subgrupos 2, 4 e 5, categoría c; grupo I, subgrupo 1, categoría c.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de remate do prazo, quedará este automaticamente prorrogado o día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto modificado de piscina climatizada en Adormideras.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 22 de xullo de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

6727