Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 04 de setembro de 1997 Páx. 8.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, da execución das obras para a construcción do edificio para sede dos xulgados de Redondela (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxeto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución das obras para a construcción do edificio para sede dos xulgados de Redondela.

b) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

c) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 95.000.000 de ptas., IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: 3.800.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán á disposición dos interesados para o seu exame na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario), sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial da Consellería en Vigo, sita na r/ Teófilo Llorente, 6 baixo, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións.

As copias da documentación e o proxecto poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L. r/ Rosalía de Castro, 51-baixo, Santiago de Compostela (15703), teléfono (981) 59 78 55, mediante aboamento do seu importe.

b) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das propostas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C; subgrupo: 2, 4 e 6, categoría e).

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará o décimo terceiro (13) día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

3ª Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

Durante tres (3) meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

Terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, ás 11 horas do quinto día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos do anuncio.

Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1997.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

6728